espazos sonoros: músicas aglutinantes

Durante o ciclo OUTROS SONS da programación ESPAZOS SONOROS organizado pola Consellería de Cultura e Deporte, haberá algunhas accións especiais realizadas polos propios artistas.

Asé, o grupo BARBEZ ten traducidos a distintos idiomas os poemas do poeta xudeu rumano Paul Celan, na actualidade recoñecido como un dos grandes poetas do século XX, e para os dous concertos de Vigo e Lugo solicita a axuda de persoas que desexen recitar en directo os seus poemas, mentres eles interpretan a música do disco Force of Light para a editora de John Zorn, Thadik.

Pola súa parte, Rob Mazurek e o grupo brasileiro São Paulo Underground, farán no seu concerto en Allariz unha intervención sonora coa fervenza situada á beira do Museo do Coiro.

E como no hai dous sen tres, Raoul Bjorkenheim, compoñente de Scorch Trio e un dos guitarristas máis sorprendentes da escena internacional, dará dous obradoiros totalmente gratuitos a finais do mes de maio.

16 concertos, accións sonoras, obradoiros e incluso unha proxección de vídeo coa repercusión do son na historia das tipoloxías arquitectónicas, formarán o CICLO OUTROS SONS que principiará o vindeiro 20 de abril dentro de ESPAZOS SONOROS; mentres os outros ciclos xa comenzarán cos primeiros concertos a partir do día 9 de abril.

Envia un comentario