#atendasinsal: Ukelele Kit Project

O Ukelele Kit Project chega ao Festival Sinsal da man de Apenino e Matilde Rodrígez, comisaria da exposición.

Ukelele Kit Project é unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan máis de 30 creadores galegos – ou vencellados a Galicia - provenientes do mundo da arte, a música e o audiovisual; 30 creadores que partindo dun obxecto físico concreto, puxeron a traballar a súa imaxinación para dar lugar a un proxecto diferente, orixinal e divertido que agora se presenta en formato exposición.
 
Nesta exposición poderanse ollar as obras de 10 artistas plásticos, escoitar as composicións de 10 grupos musicais e visualizar o traballo de 10 realizadores audiovisuais. Estas tres disciplinas tan importantes e diferentes entre si, entrelázanse no marco dunha soa exposición e dentro dun proxecto colaboracionista que nos presenta un panorama creativo galego alternativo.

A exposición final ten un núcleo básico formado polos 10 ukeleles decorados polos artistas e a proxección dos 10 vídeos, o cal se complementará con intervención dos artistas, presentacións dos realizadores, concertos dos grupos implicados e actos promocionais dos patrocinadores.

No festival contaremos coa participación de Apenino nas músicas escondidas e poremos á venda na tenda da Illa o merchandising do proxecto: 40 bolsas decoradas polos artistas que conforman esta exposición. Ademáis realizarase o sorteo dun Ukelele diseñado por Pablo López Blanco.

Envia un comentario