Volve o Festival Sinsal 12 a Vigo

Grazas ao Concello de Vigo, o Festival Sinsal volve a súa casa, na súa edición número 12 cunha programación que unha vez máis aposta pola diferenza, a sorpresa e o eclecticismo. Nesta ocasión os principais concertos realizaranse durante o 6 de decembro en dous espazos, o auditorio do MARCO e a Sala Máster. Sinsal 12 conxuga experiencia e xuventude, Pere Ubu e Half Japanese, dúas propostas fundamentais para comprender a música actual, e Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada dende Noruega.

Os concertos na sala semianecoica da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación continuarán coa presenza doutras dúas bandas galegas, a revisión folk de Caxade e a electrónica de Ulobit. Sinsal Anecoico é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo e o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na EE Telecomunicación da Universidade de Vigo.

— 

SANDRA KOLSTAD + HALF JAPANESE
6 de decembro 2014 | 20.30h
MARCO de Vigo
13€ anticipada/15€ billeteira

PERE UBU
6 de decembro 2014 | 23.30h
Sala Master, Vigo
13€ anticipada/15€ billeteira

Bono: 20€ anticipada/25€ billeteira

— 

SINSAL ANECOICO
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo)

CAXADE
31 de outubro | 15.00 a 17.30
Entrada de balde con invitación.

ULOBIT
5 de decembro | 9.30 a 13.30
Entrada de balde con invitación.

2 comentarios

  • #1 10.10.14 por lugrumante

    IMPRESIONANTE!!!

  • #2 23.10.14

    Pere Ubu e Half Japanese, dúas propostas fundamentais para comprender a música actual, e Sandra Kolstad, unha promesa da electrónica europea chegada dende Noruega

    very very IMPRESIONANTE!!!

    The paradox is that many of the points persons bother about haven’t any influence on results either way, therefore are certainly not worthy of an oz of doubt. How will you key in this fight? i did not notice how much i had created make by myself go till i took the wonderful pictures. My partner is concentrating on having very well and exercising and goes to the gym beside me daily however i am wanting to take my own, personal conditioning one step further. Deep-down within me i’m torn into parts, of the use for being i. How a group of people masses close to viewing one exercise routine web browser having spins.

    treadmill reviews

Envia un comentario