Tunng _sinsal santiago _extensión salón-teatro.

Os ingleses Mike Lindsay e Sam Genders conforman o núcleo creativo de Tunng, músicos prolíficos que aparecen en varios recompilatorios como Future Folk ,Strange Folk ,When the Sea Meets the Sky ; lanzaron no 2005 no Reino Unido Mother’s Daughter and Other Songs —recentemente lanzado en 2006 nos Estados Unidos—, un bo exercicio cheo de mantras, pastiches vocais, insertos electrónicos e bastantes guitarras acústicas.
Cun prestixio xa asentado, Tunng agora ten sete integrantes e acaban de lanzar Comments of the Inner Chorus , o seu segundo disco, decantándose para un terreo máis folk e pop; a electrónica só esta presente en breves retallos habilmente inseridos nalgúns tracks. Comportándose como unha familia de bos músicos, Tunng suxire familiaridade e delicadeza antes que experimentación e sorpresa. + Info

Os ingleses Tunng pecharán esta primeira experiencia do Festival Sinsal _extensión Salón Teatro en Santiago de Compostela. Contan os que xa tiveron a oportunidade de ver a Tunng en directo que son unha das propostas máis interesantes do actual panorama británico. Unha viaxe por influencias tan dispares como Simon & Garfunkel, Robert Wyatt o Nick Drake e a contemporánea dixital de Four Tet, The Books ou Beta Band. Algo deben de ter entre todos eles porque non é moi normal que unha banda pase en apenas un ano por festivais tan distintos como Sonar en Barcelona ou Glastonbury en Inglaterra, onde actuarán poucos días despois do Sinsal Santiago en dous escenarios distintos. Salón Teatro

Envia un comentario