The Dodos + Evols en Sinsal_Ferrol

AXENDA // FESTIVAL SINSAL 9 // THE DODOS+EVOLS O XOVES 28 DE ABRIL EN FERROL

The Dodos volven a Sinsal para presentar No Color, o seu agardado novo álbum despois do aclamado Time to Die, que xa os trouxo á edición 7, afianzándoos como unha das grandes promesas do novo folk americano. Para o seu novo traballo contan coa colaboración de Neko Case. O grupo de Meric Long e Logan Kroeber continúa cunha carreira que despega máis a cada paso, afianzando unha fórmula única de folk-pop acelerado e intenso en directo que os convirte en representantes avantaxados do chamado Psych folk. The Dodos non sonan como Animal Collective, o seu son ten os pes no chan, deixando na sección rítmica boa parte da receita das súas innovacións formais e na guitarra a descomposición dos patróns pop dos que bebe a banda. Con The Dodos as novas mutacións do folk americano resultan máis cercanas e bailables.

Dende Oporto cheganEvols, unha nova demostración de que Portugal ten moito que dicir en canto a tendencias. Unha banda capaz de cruzar a Spacemen 3 con Robert Fripp dende un rock espectral e psicodélico que enche as súas cancións dun son que só pode ser definido como pracer puro. Evols chegarán arroupados polas visuais de Pedro Maia e por un show que non por chegar dende Oporto desmerece ao de calquera banda de Brooklyn, como eles mesmos adoitan dicir.

HORARIOS:

20.15 _horas Portas abertas
20.30 _horas Evols
21.30 _horas The Dodos.

ENTRADAS

Envia un comentario