Taller aberto e gratuito de Raoul Bjorkenheim.

Os vindeiros venres 30 e sábado 31 de Maio, o guitarrista de Scorch Trio, Raoul Björkenheim dará duas Master Class en Vigo (ou A Coruña) e Pontevedra (Escola de Jazz). Serán pola tarde, e todos os interesados-as deberan poñerse en contacto con Sinsalaudio.

Os obradoiros son unha iniciativa do Ciclo Outros Sons do Festival Espazos Sonoros..................

A música nórdica leva varios anos situándose como unha das referencias ineludibles dentro do que se pode chamar o novo jazz e, dentro desa escena, brillan con luz propia os nomes de Paal Nilssen-Love e Ingebrigt Haker Flaten. Eles forman a potentísima sección rítmica do grupo Atomic e, ademais, son integrantes de Scorch Trio xunto ao guitarrista Raoul Björkenheim. ¿Pero en que consiste esta sonoridade que ten abducidos a todos os que deciden vivila en directo? Algúns críticos din que esta xeración de músicos cruzou a liberdade compositiva do grande Albert Ayler e a enerxía do non menos grande Jimi Hendrix. A lectura non é para menos, xa que enfrontarse a un directo de Atomic é, entre outras moitas apreciacións, recoñecer algúns dos mellores e mais arriscados instrumentistas do momento, e se ademais engadimos esta afortunada asociación, a presenza do "galáctico" guitarrista Raoul Björkenheim, daquela Scorch Trio son un grupo "doutra liga".

A súa música vai máis ala do jazz, ou tal vez habería que dicir que grazas a este tipo de músicos o jazz volveu á súa orixe, cara a ese espírito indomable onde os músicos, antes que virtuosos e domadores de instrumentos, son exploradores de ritmos, texturas e sons. Escoitar, e ver, a Raoul Bjorkenheim, tamén compoñente de Sound & Fury xunto ao finlandés Edward Vesala, é unha das mellores experiencias que todo guitarrista que se prece, independentemente do seu estilo, debería experimentar.

1 comentario

  • #1 31.05.12 por kRZfKXbzUgWU

    salut tout le monde, merci, je me re9tablis de jour en jour . je rentre chez moi mtneannait tous les week-end et e7a fait du bien. le temps va encore eatre long jusqu’au re9tablissement complet !!!@+ et bons vols e0 tousR@oul

Envia un comentario