Sonora 09/Novembro: tarde-noche de cine y música

Mércores 18 de novembro
Lugar: Teatro Roberto Vidal Bolaño. Cidade Universitaria. Campus Universitario de Vigo.
Hora: dende as 16:30 horas.

Organiza: Universidade de Vigo-Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes
Colabora: Sinsal Audio | Coconut Producciones | Caixanova

16:30h | CONTROL de Anton Corbinj (USA/UK, 2007, VOS)

’Control’ é a biografía de Ian Curtis, vocalista do grupo Joy Division, dende 1973, cando ainda era un adolescente, ata a véspera do arranque da primeira xira estadounidense da banda, no 1980. A película, baseada na autobiografía de Deborah Curtis, ’Touching From A Distance’, narra a evolución de Curtis dende a súa admiración adolescente por David Bowie ata a súa rápida consagración como estrela do panorama musical de finais dos anos setenta. Rodada en branco e negro, no seu primeiro traballo como director, o prestixioso fotógrafo Anton Corbijn recolle a atmósfera do Manchester da época, amosando cunha impecable fotografía a autenticidade da música de Joy Division e a forza e presenza dos seus directos. Gañadora do Premio Caméra D´Or no Festival de Cannes do 2007 e de 5 premios British Independent Film Awards.

Director: Anton Corbijn. Actores: Samantha Morton, Sam Riley, Alexandra Maria Lara, Joe Anderson, James Anthony Pearson, Harry Treadaway. Música: Joy Division, New Order. Xénero: Biografico, Drama, Musical. Año: 2007. Duración: 117 min. Nacionalidade: USA, Reino Unido, Australia, Japón.Calificación: NRM 13 años Imaxen: Blanco y Negro - PAL - Widescreen 1.85:1 - 16:9. Audio: Inglés (Dolby Digital 2.0). Subtitulos: Español. Lanzamento: 10/06/2009.

18:30h | STANLEY BRINKS with Freschard and Ish Marquez

Stanley Brinks é o alter ego de André Herman Dune, o irmán que abandonou ao grupo francés cando comezaba a súa escalada cara á fama porque non se sentía a gusto coas obrigacións do mundo do pop. A principios de 2009 namorou a todas as audiencias que lle viron teloneando a Jonathan Richman (que se declarou fan absoluto) ou pondo a guinda á xornada de clausura do festival Primavera Sound. Agora, se nos presenta cun "showcase" moi especial, acompañado da cantante francesa Freschard e do fabuloso Ish Marquez, neoiorquino encadrado na escena antifolk e intérprete de folk-soul nunha liña que o emparenta con Arthur Le e co primeiro Jose Feliciano. Os tres músicos acompañaranse instrumentalmente, á vez que cada un interpretará as súas propias cancións , o que fará deste concerto unha "jam" única e especial para Sonora 2009.

19:30h | I AM KLOOT

Procedentes de Manchester, I Am Kloot son un claro exemplo de banda madura e asentada na industria. Johnny Bramwell (voz) Peter Jobson (baixo) e Andy Hargreaves (batería) forman esta banda de indie-rock-pop. Pete Doherty (BabyShambles) ou Guy Garvey (Elbow) decláranse abertamente fans desta banda englobado no New Acoustic Movement. O seu primeiro álbum ’Natural History’ (2001), non obtivo moita atención por parte da prensa pero a banda comezou a gañarse fans en toda Inglaterra. Pouco despois, a banda asinou co selo Boto Records e editou os seus dous seguintes álbums ’I Am Kloot’ (2003) e ’Gods and Monsters’ en 2005 cun maior éxito. Nos seguintes anos, I Am Kloot publicou outra gravación co famoso John Peel e as súas sesións en BBC Radio 1. O seu último álbum ’I Am Kloot Play Moolah Rouge’, que xa o ofrecían durante o seu tour 2007 nunha edición limitada, foi lanzado ao mercado durante o 2008.

Envia un comentario