Sonora 08: pequeno-gran luxo.

A verdade que en moitas ocasións nin nos percatamos das cousas que se están facendo por parte dalgunhas intitucións e coleitivos. SONORA na Universidade De Vigo podería ser outro exemplo máis.

Por cuarto ano consecutivo unha programación cuidada, seleccionada con grupos: locais, da xeografía penínsular e por suposto internacionais.
Este mércores se inaugura a edición 2008: catro nomes de grande recoñecemento a nivel "crítica pop" que completarán unha edición máis deste pequeno gran-luxo que é SONORA

SONORA 08 [primavera]

"A Universidade de Vigo consolida o seu interese pola cultura en xeral e pola música contemporánea en particular. Sonora é unha mostra deste interese musical crecente".

"O obxectivo co que naceu este espazo musical segue vixente: optar pola música de calidade, optar polas propostas máis émocionantes e optar pola contundencia do directo".

"Coma sempre... o mellor festival para compartir sen moderación".

Mª del Carmen Cabeza
Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudante

Envia un comentario