Sinsal clausura as sesións anecoicas cun concerto de Nicolás Pastoriza no MARCO

Sinsal clausura as sesións anecoicas cun concerto de Nicolás Pastoriza no MARCO

O xoves 11 de xuño a partir das 20:30 con proxeccións dos concertos que tiveron lugar na cámara da Universidade de Vigo e entrada libre

As sesións anecoicas do Festival Sinsal despídense e fano no Salón do Actos do MARCO este xoves 11 cun programa de proxeccións e concerto de Nicolás Pastoriza.

Estas sesións, que tiveron lugar na cámara semianecoica da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, arrancaron co curso universitario o pasado mes de outubro. O xoves 11 a clausura terá lugar a partir das 20:30h e con entrada libre.

Envia un comentario