Sinsal SON Estrella Galicia no Festival de Cans

Sinsal Son Estrella Galicia bota a andar esta fin de semana cun paseo sonoro en colaboración co Festival de Cans.

A actividade titúlase "Cansonoro" e transcorrera este sábado, con saída ás 10.00 horas e remate ás 11.30 horas.

Durante o paseo, Xurxo Souto convidará aos veciños de Cans a contarnos historias sobre a vida do pobo e a súa historia. Mentres, entre parada e parada, o cuarteto do Conservatorio Profesional de Vigo Kalamatianós Sax Quartet: Juan M. Cao González (Soprano); Chus Álvarez López (alto); Rubén Fraga Rivera (tenor); Alexandre Rodríguez (barítono) repasará un repertorio composto por pequenas pezas de coñecidos compositores como Isaac Albeniz, Astor Piazzolla, etc.

Percorrido total 1´5 km:

- Saída ás 10.00 horas do Monumento do Festival de Cans.

- Paradas en: casa dos Catro Ventos, Constante e Chelo, casa do tear, cemiterio, parque de Cans, Bar Fortes, monumento de Cans.

- Despedida ás 11.30 horas na Casa de Boente.

Envia un comentario