Sinsal San Simón: programa de Músicas Escondidas

É unha programación especial que o Festival Sinsal San Simón realizará este ano entre as 15.45 e as 16.15 horas en diferentes lugares das dúas illas. Nesta oportunidade, anunciamos aos artistas pero gardamos o segredo dos espazos nos que transcorrerán, de forma simultánea, os seus concertos. As pistas dos lugares as anunciaremos en breve.

Sábado 27 de Xulio

- Lucía Riveiros interpreta as "Cantigas de Amigo de Martín Codax".

- Alejandro Vargas, Lar Legido e Mónica de Nut presentan as Miniaturas Musicais de Granell

A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo mais non tenta imitalo. Os artistas dialogan co pasado desde o presente e fannos desfrutar del con todos os sentidos. Orixinalidade, virtuosismo e sinceridade son as principais características desta proposta musical.

- Rafael Yebra interpreta " Intercambios Sonoros co Espazo"

O saxofonista Rafa Yebra presenta unha intervención sonora con obras previamente escritas por compositores de música clásico-contemporánea e improvisacións propias en resonancia co espazo na busca dun mimetismo sonoro e na exploración do espazo. En diálogo con estas músicas aparecen improvisacións e intervencións sonoras nunha interacción interespacial do son.

Programa:

_Nesta proposta escoitaremos a insistencia reflexiva do compositor taliano G. Scelsi, con pezas baseadas fundamentalmente nunha sóa nota, alterada polo tratamiento dos seus armónicos e por medio de inflexións microtonales, tímbricas e dinámicas.

_En C. Lauba o estudo sobre modos e ritmos vertixinosos inspirados na música clásica o jazz e o funk.

_Coa peza Grab it! de Jacob ter Veldhuis inspirada en frases curtas de presos, pódense escoitar ritmos funky e rap
acompañados de frases entrecortadas do saxofón, para acercarnos ao terror dos condeados a morte nos cárceres dos EEUU.

Domingo 28 de Xulio

- Lucía Riveiros interpreta as "Cantigas de Amigo de Martín Codax".

- Alejandro Vargas, Lar Legido e Mónica de Nut presentan as Miniaturas Musicais de Granell

A posta en escena destas Miniaturas musicais de Granell recorda o surrealismo mais non tenta imitalo. Os artistas dialogan co pasado desde o presente e fannos desfrutar del con todos os sentidos. Orixinalidade, virtuosismo e sinceridade son as principais características desta proposta musical.

- Eva Fenández e Juan Manuel Cao González presentan Inflexión Saxsonora

O Colectivo Inflexión é un grupo de saxofonistas relacionados coa aula de saxofón do conservatorio de música superior de Vigo que se dedican a estudiar o saxofón en todas as súas vertentes e formas desde a música antiga ata os sons de nova composición, explorando todas as formacións posibles con estes instrumentos. Nesta ocasión, por unha parte, ofrecen unha intervención a dúo de saxos soprano con música do Barroco e, por outra banda, música de fusión jazz-contemporánea.

Programa:

- Concerto para dous violíns (transcripción para saxofóns). Johann Sebastian Bach

- Rock Us! - Barry Cockcroft

Envia un comentario