Sinsal Escritorio: a máquina da memoria

O Sinsal Escritorio, escenario patrocinado pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo xa está confirmado. Dentro do Club Sinsal, a celebrar o 14 de abril no Museo MARCO de Vigo, este espazo será gratuito e aberto a todos e todas que desexen escoitar as entrevistas e accións sonoras. En breve anunciaremos os horarios.

SINSAL ESCRITORIO

Comisariado: Lucía Vázquez, Iolanda Zúñiga e Iago Martínez

Escritoras e escritores: Rexina Vega, Agustín Fernández Paz, María Xosé Queizán e Fran Alonso

Actuación de: Dandy Lady con Iria Pinheiro e Jesús Tejada

E a inestimable colaboración de varias máquinas de escribir da colección Sirvent de Vigo.

Envia un comentario