Salón Sinsal Primavera: Abe Vigoda

Martes 3 de Maio, 19:00, MARCO, Vigo. Entrada 8 Euros

Con catro discos editados, Abe Vigoda xa conseguiron atraer aos medios especializados e ao público cara unha proposta que en cinco anos xa se moveu dun denominado punk rock tropical a un máis formal rock sintético-electrónico. O que comezou sendo a enésima encarnación do novo folk americano, outra banda nova que se achegaba ao Weird Folk, iso si, dende supostos tropicais e roqueiros, derivou aos poucos cara sons máis electrónicos, trazando o arco xeracional que vai de Vampire Weekend a The Mae Shi. Abe Vigoda renacen co seu último disco, Crush, como unha proposta seria que terá moito que dicir nos próximos anos.

Envia un comentario