SUNN O))) abre o sinsal 8

Museo MARCO de Vigo. Luns 1 de febreiro.
Portas abertas 20:15 h, inicio 20:30. 15 euros
Entradas en www.servinova.com

Sunn O))) son unha das bandas máis radicais de entre a nova fornada do black metal, e sorprendentemente tamén das que contan con maior número de seguidores, as súas xiras son auténticos acontecementos que non permiten a indiferencia, así o atestemuñan entre a crítica os seu paso nos últimos anos polo Sónar ou o Primavera Sound. A actual xira europea só ten catro paradas na península; Vigo, Lisboa, Madrid e Barcelona.

A banda formada por Stephen O´Malley e Greg Anderson ten aínda quente entre os mellores do 2009 o seu último disco, Monoliths & Dimensions, un novo paso na súa carreira que supón a súa obra máis ambiciosa, percorrendo o camiño entre o minimalismo e o abstracto, máis acompañados que nunca e sen renunciar a levantar rañaceos de drones. Monoliths & Dimensions é iso, unha obra arquitectónica fóra das tres dimensións, ou máis alá.

A actual xira europea de Sunn O))) só ten catro paradas na península; Vigo, Lisboa, Madrid e Barcelona.

Virán acompañados de Eagle Twin.

Bill Callahan visitará o festival o 18 de febreiro en Ferrol no Teatro Jofre e o 19 en Vigo no Auditorio Caixanova. Entradas en www.servinova.com

JPEG - 115.9 KB

Envia un comentario