Proposta aberta a tod@s os músicos galegos

"Ruído de fondo" é un ciclo organizado pola Cidade da Cultura comisariado por Sinsalaudio. Durante seis meses haberá unha serie de actividades que compaxinarán concertos con outras actividades vinculadas á Arte Sonora.

Desde "Ruído de Fondo" queremos ofrecer a todos @s artistas galeg@s a posibilidade de colaborar nalgúns dos proxectos nos que estamos traballando.

O máis inmediato é o de Alyce Santoro, unha artista americana deseñadora dunha tea "sonora" a partir de fitas de casete. Ela recompila k7s, selecciona as gravacións e pasa eses arquivos a unha bobina magnetofónica. Con este material, encarga a unha compañía de tecidos industriais a produción de "sonic fabric"; un pano onde a fita magnética mestúrase con algodón a un 50% e co que a artista confecciona traxes ou toda unha serie de complementos: chapeus, grabatas, bufandas, etc.

A proposta desde "Ruído de Fondo" á artista Alyce Santoro foi a fabricación dun tecido a partir de sons de músicos galegos; tamén son posibles arquivos de audio sobre paisaxes sonoras de Galicia. Despois, esta tea será enviada a Galicia e, por último, diferentes deseñadores de moda traballarán nela.

Desde a organización propomos a todos os artistas que envíen unha canción orixinal ou un documento sonoro en formato mp3, inferior a 5 megas. Poden colaborar músicos de todos os estilos, xeracións e nomes veteranos ou novos.

Se formades parte dun selo ou axencia e queredes facer unha selección, podedes enviarnos ese documento vía yousendIt, ou similar, a calquera destas direccións:

a) ruidodefondo@cidadedacultura.org
b) julio@sinsalaudio.org

Prazo aberto durante todo o mes de xullo.

O traballo da artista Alyce Santoro aproxímase moito a arqueoloxía acústica de SOSOaudio; a intencionalidade por traballar co gran do son analóxico.

3 comentarios

  • #1 10.07.11 por sabela

    Moi boa idea.

    Moi mala ortografía e sintaxe.

    Doénme os ollos ó ler certas cousas.

    s.

  • #2 18.07.11 por Hervé

    o mellor da industria musical é que xa nos convenceu a todos de que o mellor que se pode facer é non facer música

  • #3 27.07.11 por BARON VERMELLO

    PARIDA POSMODERNA GALEGA CON COMPLEXO DE INFERIORIDADE. UNHA BOA DOSE DE EMPANADA TRANSTEXTUAL

Envia un comentario