Presentación mundial ao vivo do novo disco de C93

Sábado, 16 de maio
Salón Teatro, 22.00h
Desconto do 40% para para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.
As entradas pódense adquirir por anticipado ao prezo de 20 euros no 902 43 44 43 e en www.caixagalicia.es ou dúas horas antes do concerto na billeteira do Salón Teatro por 25 euros

C93:. + James Blackshaw

David Tibet, John Balance de Coil e Fritz Haaman de 23Skidoo fundaron Current 93 en 1982. Porén, ao dereito de se editar o seu primeiro 12”, a formación converteuse no proxecto persoal do primeiro, ao tempo que Balance e Haaman preferían devorcarse nas súas respectivas bandas. Pasaron os anos e Current 93 seguiu a funcionar coma un círculo de colaboradores sempre cambiante, e sempre arredor de Tibet. Durante os xa vintecinco anos de carreira do grupo participaron, ben en disco ou en directo, artistas da magnitude de Cosey Fanni Tutti e Chris Carter (de Throbbing Gristle y Carter-Tutti), Michael Cashmore (Nature & Organisation), Joolie Wood, Björk, Steve Ignorant (Crass), Nick Cave, Rose McDowall (Strawberry Switchblade), Tiny Tim, Björk, Shirley Collins, Bill Fay, Andrew W.K. ou Rickie Lee Jones.

JPEG - 100.9 KB

En 1986, despois dunha estadía no Nepal, Current 93 grabou o seu primeiro álbum conceptual, In menstrual night, sobre a lúa, a menstruación e Xesucristo. Tibet bautizaba mentres o estilo experimental e acedo da banda coma “folk apocalíptico”. Axiña crearía un selo propio, Durtro, despois do cal a edición dos seus traballos había resultar máis doada; os primeiros discos da nova marca musical foron, curiosamente, orgánicos e acústicos: Thunder perfect mind e Of ruine or some blazing starre. Deseguido, o encontro con Michael Cashmore, un dos guitarristas máis talentosos e influíntes da actualidade, suscitaba un conxunto de traballos alucinados, claves na discografía de Current 93.

A finais dos 90 apareceu a triloxía "The Inmost Light", que inclúe Where the Long Shadows Fall, All the Pretty Little Horses e The Starres Are Marching Home, e contén as teimas e mellores letras de David Tibet, xunta a convidados de luxo coma Nick Cave ou Shirley Collins. A partir de aquí, o enésimo punto de fuga. Current 93 volvía mutar grazas a dúas obras maestras: Soft Black Stars, tecido unicamente con voz e piano, e mais Sleep has his house, dedicado ao pai de Tibet, que se encarga da voz, completando desta volta a formación Michael Cashmore ao harmonio e Steven Stapleton con diversos sons. Máis persoais e reflexivos, estes dous álbums abandonaron o surrealismo cósmico e proclamaron o devezo de David por Cristo, polo artista Louis Wain, polo novo testamento grego, pola linguaxe copto, ou polo poeta homosexual e drogadito Count Stenbock.

Black ships ate the sky, até hai pouco a última peza discográfica desta banda de culto, supúñalles un novo éxito e mesturaba diferentes interpretacións vogais para dar forma a un relato conceptual respecto do retorno do Anticristo e segundo advento de Xesús. Na que vai ser a súa segunda visita ao Estado español, desta vez conforme á entente C93:., este círculo aberto e libérrimo de músicos celebrará en Santiago de Compostela, durante unha fin de semana enteira e exclusiva, a edición de Aleph at hallucinatory mountain, que se agarda coma un dos seus traballos menos predecíbeis e máis potentes. Sobre o escenario, ademais de Tibet, estarán James Blackshaw (16 de maio), Baby Dee, Andrew Liles (17 de maio), Keith Wood e Alex Neilson. Todo un luxo telos por aquí.

Envia un comentario