Pierre Bastien: cita ineludible

A ORQUESTRA MECÁNICA DE PIERRE BASTIEN CHEGA A GALICIA CON ESPAZOS SONOROS

xoves 23 de abril…/// … Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

venres 24 de abril…/// … Domus, Casa do Home, A Coruña

>>> Pierre Bastien, artista, compositor e multiinstrumentista nado en París en 1953, trae a Galicia o Mecanium: unha orquestra construída por él mesmo composta por un conxunto de autómatas musicais feitos a partir de pezas de mecano, dispositivos mecánicos, percutores, motores eléctricos, temporizadores e instrumentos tradicionais. Unha invención musical, creativa e sobre todo artística que deleitará aos oíntes de Espazos Sonoros.

A paixón de Pierre Bastien pola invención de máquinas sonoras xa ven desde pequeno. Con tan só dez anos, Bastien xa realizara o seu primeiro instrumento, unha guitarra de dúas cordas construída cos elementos do xogo Le Petit Physicien. Coma o propio Leonardo Da Vinci, Bastién ten un espírito inquieto que levoulle a seguir experimentando e desenrolando as súas máquinas sonoras na súa época de estudante, rematando os seus estudos como doutor en literatura francesa do século XVIII na Universidade da Soborna de París.

Na súa fonda carreira musical desenrolará a súa orquestra mecánica en concertos en solitario, instalacións sonoras, gravacións e colaboracións con artistas como Pierrick Soria, Karen Doing, Jean Weinfeld, Robert Wyatt ou Issey Miyaki, entre outros, destacando a composición de pezas musicais para compañías de danza, coma a do coreógrafo Dominique Bagouet, e a súa relación artística co músico Pascal Comelade, desde 1986 cando Pierre Bastien pasa a formar parte de Bel Canto Orquesta.

O público que se achegue os días 23 e 24 as cidades de Ourense e A Coruña, respectivamente, terán a oportunidade de experimentar a escoita dunha orquestra mecánica á que o artista incorpora melodías con instrumentos tradicionais coma a trompeta o étnicos como el arpa-laúd dousso´n de Mali, la mandolina rubab de Uzbekistán o el angklung de Indonesia.

......E ademáis outra data o 22 de abril na Universidade de Vigo.

Envia un comentario