PRAM: Sinsal Vigo e Santiago.

Por fin en Galicia una de las bandas con más y mejor bagaje musical de la escena inglesa contemporánea. Tal vez por eso PRAM es uno de los grupos menos "british" del pop local, fuera de modas, etiquetas y, sobre todo, independiente de esa escena monótona y aburrida que venden medios afines al pop mercantilista británico. La banda sonora de tus sueños...

++++++++++

Pram é un deses grupos que durante anos pasan de puntiñas entre a maior parte do público a pesar da calidade de seu son ata que entre uns e outros (crítica, medios e internet) deixan de ser uns descoñecidos para ser considerados unha banda de culto. A historia dos de Birmingham comeza en 1990 en Too Pure, un selo que entón era referencia dun son entre o ambiental e o experimental dentro do rock e a electrónica (Mouse on Mars, Seefeel, Laika, Stereolab...). O grupo, formado na súa base por Sam Owen, Matt Eaton, Max Simpson e a particularísima voz, case como a dunha fada, Rosie Cuckston levan desde entón vivindo nun particular universo onde a súa música abraza un mundo fantástico e onírico, case como o dunha película de ciencia ficción pero sen efectos especiais deslumbrantes nin maxia por ordenador. A música de Pram vai un pouco máis alá dos estilos, uns chámano pop electrónico experimental, outros post rock ou dream pop. O seu directo é case como o score dunha banda sonora, as súas cancións sempre veñen acompañadas de imaxes inventadas ou de vellas películas en branco e regro ou experimentais.

Envia un comentario