Nace Sinsal Santiago _Extensión Salón Teatro.

O Salón Teatro de Santiago abre na segunda quincena de maio un novo ciclo de programación que se inicia coa inauguración da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia para a música contemporánea en Galiza, que até agora se celebraba unicamente na cidade de Vigo. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego, continúa así co seu labor de difusión das expresións escénicas máis actuais, mediante o deseño dun novo plan de actividades no que tamén destaca a estrea dos tres espectáculos coproducidos polas unidades do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) para a actual temporada.

Coa actuación o xoves 17 de maio do colectivo procedente de Hungría e Novo México A Hawk and a Hacksaw & The Hun Hangár Emsemble principiará a extensión no Salón Teatro do Sinsal, un certame que se desenvolve ao longo de todo o ano cunha estrutura estacional, xa que desde que mudou o seu formato na súa terceira edición pasou a denominarse "Música para Catro Estacións" e ofrece catro concertos, un por cada estación. Así, a Estación Primavera, ofrecerá en Santiago outros dous concertos de grupos tan interesantes como influintes dentro do panorama das músicas contemporáneas a nivel internacional: a noruega Hanne Hukkelberg (7 de xuño) e os británicos Tunng (21 de xuño).

Envia un comentario