Murmel Bruxas en Vigo

VENRES 30 de NOVEMBRO, Auditorio do Concello de Vigo.
21.00 horas. Entrada 7 Euros. Taquilla.

Múrmel traen a Vigo o seu novo espéctaculo, recuperando as cancións da súa anterior xira e presentando novas composicións.

Canto Gregoriano, Muiñeira, Hip-Hop, Electro e outros temas inclasificables. As tres bruxas, Lucía, Iolanda e Sara, de formación clásica, compoñen en conxunto unha fórmula novidosa e inédita, creando un espectáculo para todas as idades a través da mestura entre sons e cunha aberta actitude teatral na posta en escena. Comicidade, música culta e popular conviven no repertorio dun espectáculo único.

A música e o traballo escénico de Múrmel é unha viaxe de ida e volta pensado para todo tipo de públicos: nenas e nenos, maiores, avoas e avós. Ninguén está a salvo deste aquelarre, Múrmel son capaces de sumar influencias sen perder unidade, de recordar a Pascal Comelade ou a Dithyrambe sen deixar de sonar clásicas. Múrmel volven para seguir aumentando a súa paleta infinita de sons e non deixar a ninguén indiferente.

2 comentarios

  • #1 30.11.12 por yo.

    Son malisimas.Si estas son artistas,apaga y vamos.Que barato esta el llamarse artista,hoy en dia.

  • #2 06.07.13 por Lucía

    Grazas pola túa crítica, aínda que é duro escoitala en palabras tan agresivas. Procuraremos mellorar,trátase deso, aínda que sabemos de moita xente á que lle gustou (compañeiros profesionais da música entre eles)e tamén recibimos moitas felicitacións en privado. Pero para gustos hai cores, claro, e non a todo o mundo lle ten que gustar. Unha aperta. :-)

Envia un comentario