Monumenta 2015

MONUMENTA, difusión do patrimonio restaurado

Monumenta é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor de igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos galegos nos que se realizaron diferentes intervencións para a súa conservación ou restauracións de interese arquitectónico e artístico.

Con este ciclo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia achégalle á cidadanía unha experiencia diferente de vivir e sentir o noso patrimonio relacionando cada edificio co territorio e coa súa singularidade paisaxística.

Especialistas en diferentes áreas como a arquitectura,
a arqueoloxía, a astronomía, a xeografía, o urbanismo
ou a arte axudarannos a entender outras particularidades
e valores dos diversos aspectos do patrimonio material
e inmaterial de Galicia. E os músicos serán, ao final do día,
os que reconvertan o universo sonoro de cada un destes espazos.

Descargar programa:

PDF - 886.1 KB

Envia un comentario