Michael Pisaro + Roberto Mallo + Miguel Prado no Festival SinSal Extensión Fase

O próximo domingo día 22 de maio terá lugar o próximo concerto do Festival Sinsal Extensión Fase, desta volta contaremos coa presenza dun dos compositores máis interesantes do grupo Wandelweiser: Michael Pisaro. Nado en Buffalo (EUA), compuxo máis de 80 obras para unha grande diversidade de combinacións instrumentais, incluindo varias pezas para instrumentación variable. A súa música é fráxil e enfatiza o coidadoso e deliberado proceso de pensamento, de tomar parte de una realidade determinada por un período de tempo (o tempo dentro da composición), e avalían a necesidade de engadir algo que xa existe nese momento (o son).

O concerto constará de dúas partes: en primeiro lugar unha improvisación a trio de Michael Pisaro, Roberto Mallo e Miguel Prado, seguida da interpretación por parte de Pisaro da súa composición fields have ears (6).

Comezará ás 20 h e a entrada será de balde.

(info extraída da páxina da A.C.Fase)

Máis info no artigo do Festival Sinsal

Envia un comentario