Memoria Sinsal é Normal: primeira semana

31 de outubro

Estreo do ESPAZO SÚPER 8 coa proxección de películas familiares en formato Súper 8 mentres actuou a banda coruñesa Nouvelle Cuisine.

Nouvelle Cuisine é unha banda formada en 2001 na Coruña. Debutan en 2007 con Autodictado e recuncan un ano despois con De memoria. Tras varios cambios, con entradas e saídas, o grupo fórmano agora Javier Garrido, Carlos Lens e Edu Poch. A súa última referencia é La guerra del volumen (2010), un EP gravado nos estudos de Arturo Vaquero en Abrigueiro (Lugo).

O Grupo S8 encargaouse das proxeccións e da montaxe visual. Proxectáronse películas da Coruña dos anos setenta e oitenta.

2 de novembro

O ESPAZO LABORATORIO arrancou cun laboratorio de fotografía onde se revelararon negativos en branco e negro coa música experimental en directo de Like Drone Razors Through Flesh Sphere. Positiváronse algunhas fotografías traballándo coas frecuencias sonoras directamente sobre a ampliadora.

Like Drone Razors Through Flesh Sphere. Drone Doom Metal español e sen apelidos. Banda experimental, case anónima e de culto. En activo dende 1999, acumula xa nove álbums, dous EP e numerosos singles e discos compartidos con outros proxectos. Publican en Black Mass e a maioría das súas copias son únicas e feitas a man. Un misterio contundente.

O laboratorio estivo coordinado por Víctor E. Pérez e as proxeccións por Juanma Lodo.

Envia un comentario