Mañá comeza en Ferrol a Estación Outono con Nina Nastasia.

CAPELA CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER, Ferrol. Domingo, 10 de outubro.

Inicio 20:30. 10€.

ENTRADAS SERVINOVA

Outlaster, o novo álbum de Nina Nastasia, ten o mesmo carácter colectivo e persoal que caracteriza a súa carreira, unha cantautora aberta aos arranxos orquestrais e á colaboración. Dende que fora descuberta por John Peel vía Steve Albini ao comezo do novo milenio coa súa primeira referencia de 1500 copias, a súa evolución é máis que evidente, indo alén dos tópicos da cantautora folk para abrir a porta a sonoridades diversas da man sempre de Albini. A partires do 2002 comeza a súa colaboración con Touch and Go Records, o influínte selo indie, reeditando o seu material anterior e comezando cunha serie de traballos que a terminan de situar na escena internacional. Nina Nastasia nunca sona repetitiva, nunca un dos seus discos é simple, musicalmente camiña vestindo e espindo o seu son acompañada de cordas e unha base rítmica a cargo de Jim White, sempre distinta, sempre lonxe do sentimentalismo, nunha fuga que polo de agora remata en Outlaster, un paso máis na carreira dunha cantautora que atopou na orquestra a súa mellor expresión.

JPEG - 167.8 KB

Envia un comentario