Larsen & Little Annie no Salón Teatro en Compostela

LARSEN & LITTLE ANNIE
Lugar: Salón Teatro
Data: Xoves, 14 de maio
Hora: 22.00h
Entrada: 10 euros

As entradas estarán á venda na billeteira do Salón Teatro dúas horas antes do concerto, e por anticipado na web de Caixa Galicia ou chamando ao número de teléfono 902 434 443.
Ao prezo das localidades aplícaselle un desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.

Despois de trece anos de actividade ás costas, o grupo italiano Larsen mantén intacta a súa pegada expresiva e volve cun novo álbum en estudio, La fever lit (Important Rec. 2008), o primeiro dende 2006. Ademais, contaron desta vez co engado dunha voz amiga, a de Little Annie aka Annie Anxiety, diva do dub e do cabaret post punk e colaboradora de Coil ou do combo On-u sound. Que mellor excusa ca este vizoso pacto para presentaren agora, xuntos en directo, as excelencias sonoras do traballo en común? A estratexia dos primeiros consiste en irse abrindo ao pouco, silandeiramente, e así e todo, tentar prender os ouvidos do público ao seu pop cinemático; o convite de Larsen é o de aboiarmos en ritmos e melodías luminosas, nunha delicada lixeireza musical. En contrapartida, a nocturnidade e alevosía van por conta de Annie Anxiety e da súa excéntrica e engaiolante narrativa.

www.larsen.to.it
www.myspace.com/littleannieakaannieanxietybandez
www.myspace.com/larsentoit

JPEG - 32.1 KB
Larsen & little annie

Envia un comentario