Inaugurada a Expo de Música en Branco na Coruña

Música en Branco inaugura a súa mostra sonora no Centro Ágora

Música en Branco: memoria da Agra do Orzán inaugurou no Centro Ágora unha exposición conclusiva na que conflúen todas as liñas de actuación desenvolvidas por este proxecto ao redor do patrimonio sonoro deste barrio herculino. Trátase dunha mostra fundamentalmente sonora articulada arredor de caixas de cartón rotuladas polos colectivos que participaron no proxecto con palabras relevantes para a súa memoria e que conteñen no seu interior fragmentos da banda sonora do barrio que se foi construíndo ao longo dos meses: testemuños, cancións, paisaxes sonoras, etc. A exposición, que estará aberta até o 24 de novembro, desprega e dálle sentido a toda a documentación colleitada ao longo de todo o proceso de Música en Branco, proxecto da Concellaría de Cultura da Coruña cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Urbana-C.

Envia un comentario