Experiencia JIN HI KIM!!!

Museo do Mar.
Mércores 30 de xullo. 22H. 5€. Salón Sinsal Verán.

Por primeira vez o Salón Sinsal marcha ata a praia, a escasos 10 metros do mar, onde o son das ondas mixturaranse coas delicadas e finas sonoridades do komungo, o instrumento coreano da sorprendente e emocionante Jin Hi Kim que, nesta oportunidade, presenta Sanjo Ectasy en colaboración do enorme Gerry Hemingway, baterista da primeira formación de Anthony Braxton.

Envia un comentario