Escenario "A Capela" en Sinsal San Simón: espazo performativo

O fantástico e singular espazo de A Capela da Illa de San Simón acollerá tres performances de artistas galegos comisariados por Normal (Universidade da Coruña).

Máis información en breve.

PERFORMANCE 1

ANTIA OTERO e CARLOS NEIRA: INTERVENCIÓN SONORA SOBRE TURANDOT
_acción sonora/performance

Acción sonora creada a partir dun diálogo deconstruido entre dous performers e Turandot, creando unha poética contemporánea partindo dunha máis clásica (a da propia ópera). A acción sonora é o resultado de multiplicar exponencialmente o efecto invasor da propia ópera (a través dunha intervención sobre ela con sons "extramusicais", xerados nese diálogo que manteñen os dous performers entre eles).

PERFORMANCE 2

DLOIRA: MOSTRAR-SE DÉBIL
_danza/performance/teatro.

Seguindo a liña da compañía na hibridación/contaminación con diferentes disciplinas artísticas en torno ao movemento, se plantexarán modos de relación co espectador e o espacio de representación (neste caso unha capela).

PERFORMANCE 3

ANGELA BLANCO (bailarina) + MIGUEL MARIÑO (videoartísta): FUME
_vídeo-danza/performance

O eco do movemento apoiado nas paredes. FUME móvese entre as sombras, o cinema e a danza; na búsqueda dun novo código, novos tempos de contemplación, doutra dimensión. Que non é a dunha pantalla plana, nin a do corpo en movemento.

1 comentario

  • #1 18.06.11 por tom

    boa iniciativa,felicidades a Sinsal e Normal¡¡¡.Un espazo cultural que nace e xa ferve (e dinme que independente)asociado á vosa marca SINSAL de calidade e referencia.

    o dito,noraboa.

Envia un comentario