Dous concertos de SINSAL o luns 18 en Vigo e A Coruña

Programa dobre na Sala Mondo de Vigo

Nova colaboración de SINSAL, a Fundación Seoane e a A.C. Fase na Coruña

SALA MONDO, Vigo. Luns, 18 de outubro.
Master Musicians ob Bukkake + Future Islands
Inicio 21:00. 12€. ENTRADAS SERVINOVA
.

Master Musicians ob Bukkake

Tras o nome Master Musicians of Bukkake agóchase unha banda do Seattle máis profundo formada por músicos de sesión e vellos coñecidos do límite entre a música e a experimentación, un colectivo que traballa rescatando as melodías tradicionais e cerimoniais do Sur de Asia para encaixalas na súa concepción da psicodelia.

Future Islands

Future Islands inventan a súa propia etiqueta, post-wave, para situarse nalgures entre o post-punk e a new-wave, onde a actitude e o baile van da man. O trío de Baltimore atopa no seu pop sintético o veículo para vestir de capas a melodía sen deixar de sonar directos e enérxicos, vitais.

FUNDACIÓN LUIS SEOANE, A Coruña. Luns, 18 de outubro.
Tim Olive & Alfredo Costa Monteiro
Inicio 20:30. ENTRADA LIBRE.

Tim Olive & Alfredo Costa Monteiro

Tim Olive naceu en Canadá e comezou na música tocando o baixo eléctrico aos 12 anos interesado polo heavy metal. Posteriormente seguiría por outros camiños, coñecendo o free jazz, a música elctrónica/concreta e a música asiática. Aplicou todo isto ás limitacións do rock e pouco a pouco foron aparecendo formas abstractas a través da improvisación. Alfredo Costa Monteiro acabou os seus estudos de Escultura e Multimedia con Christian Boltanski no ano 1992 na escola de Belas Artes de París, iniciando unha carreira na que destaca o seu interese pola poesía sonora/visual e o son. En xaneiro do 2011, no selo grego Triple Bath, sairá a súa primeira referencia discográfica, 33 Bays.

JPEG - 51.7 KB


Master Musicians of Bukkake

Envia un comentario