Dona Rosa en Espazos sonoros

Unha voz para o fado e a canción tradicional.

venres 8 de outubro /// Casa Núñez, sede da Fundación CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea), Betanzos >> 20.30 horas

sábado 9 de outubro /// Illa de San Simón >> 19.00 horas. Concerto producido en execución do Proxecto Creativa.

WEB ESPAZOS SONOROS

Nacida en 1957 en Lisboa, Rosa Francelina Dias Martins (artisticamente coñecida como Dona Rosa) quedou cega aos catro anos por mor dunha meninxite. Como a familia non gozaba de moitos recursos económicos, ela tivo que dedicarse a vender xornais e lotería polas rúas, actividade que acompañaba co seu canto. Descuberta polo artista multimedia austríaco André Heller, participou no programa da ORF (a televisión austríaca) Voces de Deus, co que se deu a coñecer. En 2000 publicou o seu primeiro traballo discográfico, ao que sucedeu, en 2003, un segundo, Segredos, que presentou ao vivo en máis de 200 concertos celebrados en 12 países europeos. O seu último traballo até o momento, Alma Livre, é do 2007. Dona Rosa interpreta fados e cancións tradicionais do seu país e tamén toca o triángulo. Posuidora dun timbre peculiar e unha voz aguda, a intensidade do seu canto é acompañada en directo polo acordeón, a guitarra portuguesa e as percusións. Seguindo a liña marcada pola gran Amália Rodrígues, Dona Rosa súmase á lista de grandes mulleres da canción de Portugal: Cristina Branco, Misia, Mariza, Dulce Pontes ou Natalia Dos Anjos, entre outras.

JPEG - 119.8 KB

Envia un comentario