Creativa Sonora 2009

Creativa, o foro das industrias culturais entre Galicia e o Norte de Portugal, presenta este sábado no Marco, a partir das 20.00 horas, CREATIVA SONORA, espectáculo musical no que participan Carlos Suá-
rez Sánchez
, compositor e etnomusicólogo galego; Xe, músico e artista performance, e os portugueses Colectivo Soopa coa acción “Evocação da Resonância”, performance sonora na que se recrea un ataque
sónico mediante o emprego de ‘samples’ provenientes de arquivos de sereas antiaéreas empregadas na Segunda Guerra Mundial.

As intervencións son de 25 minutos cada unha. E actuarán, por este orden:

20.00 horas Acción "Evocação de Ressonância" (Oporto)
20.30 horas Xe (Vigo)
21.00 horas Carlos Suárez (Vigo)

XE. XESÚS VALLE

Deseño sonoro | Acción sonora | Música espontanea | Gravacións de campo
.Estuda percusión e técnica vocal, que aplica nas súas composicións electroacústicas
.Forma parte da Orquestra de Música Espontanea de Galicia O.M.E.GA, Orquestra de Improvisación conducida, onde manipula os seus rexistros xunto a unha vintena de músicos
.En 2008 crea o espazo da obra de teatro Crónica de días enteiros de noites enteiras
.Participa no Festival de Arte Radio radialX
.En 2007 é seleccionado para participar dentro das residencias artísticas de Binauralmedia.org en Nodar (Portugal), onde realiza o seu proxecto de arte sonora e vídeo Diálogos Táctiles
.Participa nos números 6 e 9 do webzine Sonic Scope Quarterly da editora Grain of Sound
.Toda a súa discografía está publicada na editora Alg-a netlbel, da cual foi co-administrador

http://www.alg-label.com/Xesus-Valle

CARLOS SUAREZ

Compositor e etnomusicólogo galego. Ourense. Emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galiza en 2005. No 1986 iníciase o seu traballo como compositor creando mais de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela iniciaronse en 1989, principalmente nas áreas culturais indíxena e afrovenezolana, facendo gravacións e estudos sobre a bioloxía acústica das zonas visitadas (paisaxes sonoras). Transcribiu mais de 36.000 compases da música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología y folklore”, e para FINIDEF “Fundación internacional de etnomusicología y folklore” durante 10 anos. No ano 2006 gaña o premio nacional de cultura polo seu libro, “Los chimbángueles de San Benito”.
Actualmente forma parte do equipo de desenvolvemento do proxecto relacionado coas paisaxe sonoras escoitar.org.

http://www.alg-label.com/Carlos-Suarez

JONATHAN UIEL SALDANHA: Evocação de Ressonância

Com a duração aproximada de 25m, em que são usados os sons dos seguintes modelos de sirenes: Carter Siren, Alte WK2 Sirene, Weltkrieg Sirene, Maiden Newton, Chrysler Air Siren.
A performance sonora sobrepõe ao espaço um ataque sónico proveniente da reutilização de samples (sons de segunda geração, que já existiram num espaço próprio mas que foram entretanto cristalizados) provenientes de arquivos de sirenes antiaéreas usadas na Segunda Guerra Mundial. A capacidade de pressão sonora destas sirenes será usada numa tentativa de revelar o pânico impregnado no seu som, num misto de evocação pela ressonância no edifício do eco das sirenes com a desencriptação das propriedades simbólicas das sirenes enquanto aviso e encantamento.

http://mecanosphere-bureau.blogspot.com

Envia un comentario