Continuamos con Música en Branco na Agra do Orzán da Coruña

A partir de outubro, continuamos coa terceira fase de Música en Branco: a memoria da Agra do Orzán. Unha iniciativa de Sinsalaudio para o Concello da Coruña que tanto está a dar que falar nos medios de comunicación.

Se non escoitaches todavía as Barriografías de Xurxo Souto, non te perdas esta iniciativa que narra as historias locais da música desde outro punto de escoita.

Música en branco: memoria da Agra do Orzán é unha intervención urbana que investiga, documenta, difunde e pon en valor a memoria musical e sonora deste barrio da Coruña, converténdoa nunha ferramenta para a participación e a innovación social. O proxecto, desenvolvido por Sinsalaudio para a Concellería de Cultura da cidade herculina, lévase a cabo no marco de Urbana-C, o Programa Integral de Rexeneración Urbana financiado pola Unión Europea e o Concello nesta área de gran densidade poboacional. Música en branco explora o patrimonio inmaterial e subliña o valor comunicativo da música e a súa capacidade para xerar un tecido común.

Envia un comentario