Conta atrás para Huun Huur Tu

Conta atrás para unha das grandes xiras do 2008 en Galicia. Nada menos que catro concertos do grupo que sorprendeu no pasado Sinsal 2007: Huun Huur Tu. O noso consello é que non o deberías perder; hai catro oportunidades e todas son en espazos sonoros moi especiais.

...sábado 17 de maio, Ruínas de Santo Domingo, Pontevedra 22.00 horas

...domingo 18 de maio, Museo do Coiro. Allariz (Ourense) 21.00 horas + CARAMUXO

...luns 19 de maio, Museo Provincial de Lugo, 21.00 horas

...martes 20 de maio, Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela. 21.00 horas

Envia un comentario