Coñeces algunha Historia SINSAL da Música?

Que é unha historia SINSAL da Música?

Pois é a vida de persoas, nome propios da Historia da Música que están nunha segunda fila e non aparecen nos libros, pero por traxectoria e dedicación teñen un protagonismo especial e imprescindible.

Quen pode ter unha historia SINSAL da música?

Coleccionistas, críticos, músicos, programadores, compositores, historiadores, profesores, enxeñeiros de son, luthiers, electrónicos, deseñadores, melómanos, investigadores, antropólogos, escritores, etc. Persoas que adicaron (por profesión ou devoción) boa parte da súa vida á música en Galicia.

Se tes algunha idea ou coñeces a algunha persoa interesante que encaixa neste proxecto, envíanos un correo e deixa a túa mensaxe nos comentarios.

Grazas.

Festival Sinsal 2013.

Envia un comentario