Concerto de Cass McCombs este venres no MARCO de Vigo

LUGAR: MARCO de Vigo.
DATA E HORA: Venres 20 de maio ás 21:00h.

Máis información

COMPRAR ENTRADAS

Cass McCombs é un cantautor californiano afincado en Baltimore que co seu último disco dá o salto ao éxito internacional da man da súa nova discográfica, Domino Records, fogar doutras xoias de estilos ben dispares, The Fall, Juana Molina, Lightspeed Champion e moitos outros. Formado nos seus primeiros albums nun folk de espesura e escuro, vai aos poucos espindo o seu estilo para achegarse a un folk luminoso moito máis próximo ao pop. É con Wit´s End, a súa última referencia, que o seu nome comeza a cosagrarse, iniciando unha xira que pasa por toda Europa en maio. Cass McCombs fai o camiño cara as raíces do folk americano sen obviar a canción, as sonoridades pop que a introducen no presente.

JPEG - 60.7 KB

Envia un comentario