Chega Sinsal SON Estrella Galicia 2014

O Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia. A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo.

Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival. O cartel do 26 e o 27 permanecerá, como é habitual, en segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa. Os concertos do 25 serán anunciados con anterioridade.

Nas próximas semanas iremos achegando máis información, prezos das entradas, novidades para o acceso e o consumo na illa, pistas sobre grupos e os nomes que formarán parte do cartel do día 25.

Sinsal Son Estrella Galicia comeza a navegar. Atentos!

  • Máis info: +

2 comentarios

  • #1 25.05.14 por carlos

    Moi boas,

    Teño moitas ganas de ir ó Festival coa familia, sabedes cando ides poñer á venda as entradas?

    Apertas,

  • #2 26.05.14 por Sinsalaudio (Christian)

    Pronto sairán a venda.
    Trata de seguir as novidades por aquí e sobre todo por redes sociais :)

Envia un comentario