Cambios de última hora para o concerto de The High Llamas

O concerto móvese de cidade e de espazo. Esperásmosvos en EXPOCORUÑA o día 4 de xullo ás 21:00h. A entrada cambia también de prezo (agora 5 Euros).

The High Llamas, o grupo liderado polo ex Stereolab Sean O´Hagan, continúan cunha cruzada persoal en forma de banda que se achega xa aos vinte anos. Unha cruzada que se inicia nos anos noventa apostando por un pop preciosista a contracorrente do grunge e do lo-fi, apostando polos arranxos traballados e o son hi-fi na estela dos Beach Boys ou de Antonio Carlos Jobim.

2 comentarios

  • #1 29.06.11 por luciferSam

    Estupendo! Onde se poden mercar as entradas?

  • #2 29.06.11 por sinsalaudio

    será en www.servinova.com, pero todavía non están a venda, esperemos que nas próxima horas

Envia un comentario