Cambio nos horarios dos barcos á Illa de San Simón

Por problemas alleos á organización vémonos obrigados a cambiar os horarios que inicialmente se presentaran. Os barcos pasan das 100 plazas iniciais a 150, polo que reagruparemos á xente nas seguintes horas:

Saídas:
- Porto de Cesantes: 12:00h | 13:30h
- Porto de San Adrián de Cobres: 12:45h | 16:45h

Regresos:
- Porto de Cesantes:20:30h | 22:30h | 23:30h
- Porto de San Adrián de Cobres: 23:45h

A saída prevista para ás 16:00h dende Cesantes e a volta para ás 00:10h quedan anuladas e a xente que mercou entrada para estas horas terán que rehubicarse nos novos horarios de saída e de volta. Para o cal pódese chamar ó teléfono 902 434443, anque Servinova porase en contacto con cada unha das persoas que comprou a entrada para esas horas (ofrecéndolles alternativas).

Rogamos disculpen as molestias que estes cambios alleos á organización podan ocasionar.

JPEG - 52.8 KB

3 comentarios

  • #1 23.06.11 por Antia

    Onde se mercan as entradas?

  • #2 23.06.11 por acordeitarde

    En Servinova non responden se hai unha ampliación de aforo ou non, pódense mercar as entradas na saída do barco en Cesantes ás 13:30?
    Gracias

  • #3 23.06.11 por berio

    As entradas están agotadas. En caso de que quedara algunha libre de última hora por devolución, anunciarase na páxina web de SINSALaudio e na de SERVINOVA.

Envia un comentario