CAXADE en Espazos Sonoros 2013

_Salgadeiras de Moreiras, Museo Etnográfico da Pesca e da Salga, O Grove. Domingo 29 de setembro, 19.00 h

No lugar de Reboredo, parroquia de San Vicente do Grove, na chamada Punta Moreiras, atópase un conxunto de elementos pertencentes ao patrimonio industrial marítimo, unha serie de instalacións industriais vinculadas no pasado á salga e á conserva. A súa actividade remóntase ao século XVIII e desenvolveuse ata mediados do século XX.

Coñece o teu patrimonio: ás 18.00 h, visita guiada ao conxunto histórico industrial de Moreiras

Salgadeiras de Moreiras, Museo Etnográfico da Pesca e da Salga, O Grove

Envia un comentario