Barn Owl na Coruña

O Festival SINSAL volve a aterrar na Coruña con Barn Owl

EXPOCORUÑA, A Coruña.
Venres, 22 de outubro.
Inicio 21:00. 8€.
SERVINOVA//TAQUILLA EXPOCORUÑA

mercar entradas

Barn Owl non é unha referencia máis do universo drone, a súa proposta limita con moitas fronteiras, dende os cantos tibetanos até a música clásica india. Evan Caminiti e Jon Porras forman Barn Owl no 2006, a nova banda será o seu veículo para a través das guitarras abrir o espectro aos sintetizadores e ás voces e así dar saída a un son novedoso de inspiracións pouco comúns. Tomando como base San Francisco, o dúo comeza a colaborar con diferentes selos, dende Important ou Root Strata a Thrill Jockey, co que este outono verá a luz a súa nova referencia. Emparentados con outras bandas da escena drone como Wolf Eyes ou Sunn O))), ou co post-rock de Godspeed You Black Empreror, comparten con elas a súa diferencia, se ben late neles un impulso de empurrar a música cara o límite do audible o resultado é ben distante. A música de Barn Owl transita entre abismos de son violentos e a lentitude dos movementos tectónicos, hai algo elemental no terror que destilan as súas guitarras, primixenio e frío, como asomarse á fin. O drone ten sido definido como a banda sonora da caída dunha civilización, quizais tamén da caída de todo.

1 comentario

  • #1 05.11.10 por Robertinho

    Estiveron de carallo, ademáis de ser caralludo o emprazamento e a puntualidade, tan característicos dos SinSal.

    Agora o domingo a disfrutar con Sun Araw na vosa terra.

    O único malo de SinSal é que está lonxe de máis, a dúas horas e 30€.

Envia un comentario