A Trincheira: un homenaje merecido

"Música en Branco" homanajea "A Trincheira" y en su nombre a toda la radio local que hizo programas especializados durante los años ochenta, antes que apareciesen los "eres" centralizadores que convertirían el díal en una triste radio-formula; ¡una pena!

Nota de prensa de Emilio Alonso:

Como xa vos comentei hai días, volve A TRINCHEIRA, o programa radiofónico que realicei entre abril de 1986 e abril de 1991, primeiro en Radio Cadena Española Vigo FM e despois Radio 4- RNE Galicia.

Esta resurrección vaise producir o vindeiro sábado, 12 de marzo, entre as 5 e as 8 da tarde, no museo Verbum de Vigo, no marco da exposición "Música en branco: memoria dunha cidade", organizada polo colectivo Sinsal Audio.

Neste retorno d’A Trincheira contaremos coa presenza de Siniestro Total, que falarán do seu último disco, "Country & Western"; Aerolíneas Federales, que se volven xuntar para ir de xira a Perú; Nicolás Pastoriza, que nos vai comentar o seus novos traballos discográficos, "Hoy le disparé al Presidente y otras canciones de amor", producido por Gonso Pedrido, e "El niño con la raqueta frente al espejo", producido por Iván Ferreiro; o debuxante Pedro Sardiña, que prepara unha novela gráfica sobre Vigo; e Tono García Míguez, experto en música psicodélica e DJ eventual en locais de Santiago como A Reixa e Ambigú

Ademais teremos a oportunidade de escoitar maquetas de grupos vigueses e galegos dos 80 que nunca chegaron a gravar disco, entre eles Los Buzos, Las Termitas, Los Culpables, El Acto, Ultramarinos Troncoso, Movimiento Inmóvil, Unión Penosa, Los Tremendoes, Mínima Expresión e Malditos Azules.

Informade a todos os que podan estar interesados en asistir a este happening.

Bicos e apertas

Envia un comentario