A Serigrafía especial de Sinsal San Simón

Xa podes encargar neste correo, ou comprar durante o Festival Sinsal San Simón, un traballo moi especial realizado por dous artistas galegos grazas á colaboración de Moisés Pérez Álvarez.

Peri (sábado) e Ash Santos (domingo), enfrontaron o reto de plasmar o espíritu do festival nun cartel. A única limitación dúas cores, negro e laranxa. Un cartel, dous días, dous artistas e dúas serigrafías.

Ambos carteis estarán dispoñibles nunha edición limitada de 60 unidades, numeradas e asinadas polos artistas, a un prezo de 12 Euros

O cartel do sábado corre a cargo de Peri. O artista antiurbano vigués achegou o Sinsal San Simón ata o seu imaxinario. Ilustrador de orixe matemático, ten obras espalladas por toda a xeografía galega co seu estilo inconfundible. Colaborador ocasional nos directos de CRO! pintando durante os seus concertos, tamén os seus universos en movemento, o caos ordenado, ou ese desasosego e bondade das súas máscaras, pódense atopar na súa obra para #sinsalsansimon.

E no domingo, Ash Santos, artista dos ben chamados polifacéticos: ben sexa como músico ao frente da banda Die Fritzels; ou como deseñador "Featured Artist" de Volcom dende 2008; no mundo do graffiti, a banda deseñeda ou na performance no Sinsal X co seu "Guitar Painting". Nesta oportunidade, achégase como ilustrador ao #sinsalsansimon cunha das súas icónicas figuras:O Náufrago de San Simón.

Envia un comentario