A Historia SINSAL da música

É un proxecto inspirado no imprescindible libro de Evan Eisenberg "The Recording Angel: Music, Records and Culture from Aristotle to Zappa". Buscamos historias como a de Clarence, unha persoa que investiu unha herdanza na súa colección de música e vive nunha casa en condicións de máxima pobreza rodeado dun millón de discos.

Sen chegar a este extremo do libro de Evan Eisenberg, buscamos nomes de persoas que fagan da música -en calquera campo- a súa paixón, traballo, investigación, etc. Nomes, exemplos locais, que nos permitan coñecer a historia universal da música desde a súa experiencia máis próxima ao territorio. Este é un dos obxectivos da programación do Festival Sinsal 2013.

Envia un comentario